No tracks found into library
Mencer Vermello nace no ano 2004 en Ferrol(Galiza), cando catro traballadores decidimos xuntarnos e formar un grupo de música. Ao comezo tiñamos claro dúas cousas: unha era que queríamos ser un grupo comprometido coa realidade social na que nos tocara vivir e outra, era facer a música que a todos nos gustaba e escoitabamos, o punk, o oi e o ska. Influenciados polo carreiro deixado por grupos como Xenreira ou Kortatu, puxémonos mans a obra e bautizamos ao grupo co nome de guerra de Mencer Vermello. Rápidamente puxémonos a compoñer e sacar algunha versión ou adaptación á “galega”. Tras longos meses de ensaios damos o salto aos cenarios cun primeiro concerto bastante satisfactorio ao cal lle seguirían outros concertos repartidos pola xeografía galega nos que, pouco a pouco, fumos avanzando e madurando tanto a nivel musical coma nas nosa letras. Desde o principio definimos a nosa música como Rock Proletario Galego, e hoxendía formamos parte do Rock Proletario Internacional, canle de expresión a nivel internacional das ideas englobadas dentro desta corrente cultural. E facemos nosas as súas ideas. As nosas composicións son monolinguisticas. A nivel de grupo considerabamos que o galego é o veículo perfecto no que realizar a nosa música. Sempre o tivemos claro, tiñamos que afastar a idea xeralizada de que só os grupos de música tradicional cantaban en galego, tamen outras músicas tiñan que soar na nosa lingua. Para nos é posible, aqui e agora, facer música nacionalista, de esquerdas, galega e en galego. No ano 2006 sacamos a rúa unha demo en directo de cinco temas gravada en decembro de 2005 en Santiago DC, nun concerto a prol da selección galega de fútbol. Ademais, grazas a esta gravación, formamos parte dun recopilatorio editado por Siareiros Galegos. A partir de ahí, comezamos a tocar con máis asiduedade e en distintos lugares, incluso fóra da patria, como en Orereta, Guadalajara ou Madrid. En abril de 2008 publicamos o noso primeiro traballo, KPACHbIN PACCBET. Gravado nos estudios Treboada da Coruña a finais de 2007 por Paco Liaño, e posteriormente publicado por Mai Morirem e Redstar73 records. Dez temas con moita rabia e forza. Read more on Last.fm. User-contributed text is available under the Creative Commons By-SA License; additional terms may apply.